SUIZA.
en realidade so unha escusa para que cobraras vida.
ou non?
a verdade e que por aquelas ruelas era doado imaxinarte.
en bici. polas ruelas daquela cidade. cos teus pantalos azuis que un dia atopei no armario e que case nin me valian.
aquela cinturiña. si. aquelas peliculas francesas con aquelas cinturiñas. esa blusa ravena. ravena. bonita palabra. ensinachesma ti. coma case todo.
pérdome.
ah si.
ti
en bici
e con pantalon azul e con blusa ravena
polas ruelas.

quizais te dirixias a algun sitio... si.
eu creo que si. que daquela ainda sabias en que direccion camiñabas. daquela ainda tiñas un manillar. elixias o camiño. sempre pensei que elixirias o camiño mais rapido pero aquelas ruelas facianme pensar que quizais che gustaria deterte no paseo e por un momeno non ir a ningures. que as ruelas pasaran a ser, dun lugar de paso, a un lugar no que estar, no que existir. sentindo ese aire e o cheiro das boulangerie.
pero,
ten tino! so o cheiro. senon perderias esa cinturiña e os pantalons valerianme a min e e e enton eu poñerias e ti lembrariaste de ti mesma e e e a tristeza asolagariate e seria tan forte que non poderias parar de chorar
lembrando as ruelas.
no fondo creo que loitas contra ese recordo. que non che gusta recoñecer que durante un tempo viviches detras desas ventas. agora querelas tintadas para non ver o que hai dentro. esquecer o sorriso que un dia existiu en ti.
ja!seguro que era tan enorme que ata se poderia ver a traves duns cristais tintados.
seguro que ainda se pode ver. cando regrese a suiza fixareime ben! seguro que ali ainda podo recuperar o teu sorriso!
ese que me costa tanto coñecer.
porque tintaches tanto os cristais destas ventás, mamá?
porque agora xa non quero ver nada.