29.12.09

CHUS PATO poeta



acolleu a mobilidade como un dos rostros da liberdade e iso fixera dela unha protagonista ditosa, malia ser certo que a liberdade é poliédrica e innumerábel nas súas faces e fendas. a debilidade que de cando en vez a asaltaba, a desmemoria das conductas de puxilato, evidenciaba unha necesidade cada vez maior de retorno ou opción a un espazo ade cobertura

chus pato visitou o pequeno recuncho da biblioteca de antas onte. un grupo reducido de doce mulleres escoitaron o recital da primeira parte da sua obra hordas de escritura (ainda que segundo a autora, esta non foi escrita co fin de ser voz, seno letra) e participaron nun ineteresante debate sobre temas que abordaron dende os limites da poesia (xa que esta está considerada como unha poeta innovadora e rupturista cos modelos repetidos ata o de agora, unida a Queizán) ata a interpretación da nova concepción da arte, pasando pola cuestión da súa democratización e o valor da linguaxe como experiencia. para esta amante da poesia (como ela mesma se declara), debemos romper coa estricta maneira de ler que nos inculcan e deixar que as palabras flúan con todo o seu torrencial no país que sempre chove

23.12.09

AS CUÑADAS



o pasado 16 de decembro, no salon teatro de santiago de compostela, deronse cita 8 mulleres. ninguén sabe cales eran as condicións dadas e tampouco as consecuencias que dalí se derivaron. pero cando o meu toñito e o seu luis vaian á universidade, todos asisteremos de novo no salon teatro a un encontro de 8 homes que adoecen por ver instinto básico 2.

es que la gente!