28.10.09


http://flocos.tv/curta/katiuska/


que me dicides disto?
eu digo:
que eu unha vez estiven nesa mesma carballeira pero nunca tiven esa chaqueta tan bonita
que non me ensinaron que tamén serve para sachar, pero probablememente dirixas danzando
que ruth sabe que hai que explorar o plano baixo pero as xotas póñenmo difícil


convídote a que percorras a miña terra con katiuskas e da man de antón coucheiro filde,
a quen tiven o pracer de coñecer fai unha semana
cando sentou diante miña no salón teatro.

cou

20.10.09


os verbos pasivos son o ser; estar; semellar e resultar

velai a culpa da pasividade


ela é pasiva. ela non fai nada na sociedade
ela está pasiva. ela non está a facer nada en sociedade
ela semella pasiva. ninguén lle ve facer ren a ela
ela resulta pasiva. nada na sociedade esta desempeñado por ela

cal das catro elas es ti?

se elixiu a 3ª ou 4ª pode pasar
nelas a sociedade e o suxeito e vostede pertence ao predicado