4.9.10

A "CASULAS"

o xoves fomos apañar á millás para as vacas. fomos no-los dous e un par de veciños. unha parella para ser máis exactos. el sempre me chama "raparigha". gústame que me chame asi. sempre que escoito "raparigha" sei que é el quen me fala. a súa muller disque está louca. non louca coma a súa cuñada. esa está louca de todo, non rega. a esta só lle falta unha primavera, non 4, coma esoutra: esta, somentes é unha toliña.

pero, con ser somentes unha toliña, non fala. só ri. iso sí, ri moito. moitísimo. e anda moi, moi lixeira. cando eu era pequena, tanto ela coma a súa irmá, tanto a louca coma a toliña, baixaban cara ao tundal con todas as súas primaveras ás costas e parecía non pesárenlles nada. agora que lles faltan unhas cantas, todo lles pesa un mundo. as súas pernas están fraquiñas e os buracos do naris encolleron tanto que o aire apenas si ten oco para entrar. ansían. pero, demo!, a toliña aínda anda ás présas.



namentres apañabamos a millás, viu unhas cantas casulas podres no medio do chan e ali foi, direitiña, a apañalas. miroume cun sorriso e cun ramallo de casulas na man. tiñades que vela. queria volver ao altar. o seu marido, en troques, arrincoullas da man e volveunas á terra: ei raparigha! ela quedou chantada ali e, por vez primeira, non sorría.

ao marchar, collin unha casula do chan con idea de meterlla no peto á toliña para que non ficara tan triste. sen embargo, ali estaba ela, co seu sorriso de novo. e pensei que quizais eu precisara mais daquela casula ca ela.

cando subiamos de novo polo tundal, a toliña levaba o refaixo cheo de casulas.

1.9.10

33L A R G O S

pechei a porta sen facer ruido, non por ela, por min. estaba cansa de tanto ruido. tiña duas opcions e escollin facer 33 largos na piscina. sempre eran 33 porque era enton cando sentia que xa cavilara o suficiente como para quitar as gafas de buceo que me apreixaban as ideas que constantemente saian a superficie e se volvian somerxer. hoxe as brazadas foran tan rectas, case sempre me torcia. hoxe non. case sempre me torcia pero hoxe...

sorrin.

cando marchaba dali collin a bici porque as pernas ainda non cavilaran. autoflaxelarse? non sei? quizais... en absoluto, non. collin a bici para autoflaxelarme as pernas. pero puxen unha melodia que me dera pracer na parte que xa cavilara. que cavilen as pernas. eu na miña bici. e as pernas estremeceron de pracer ao ver que estabas ali. non tiñan que facer nada mais que seguir en liña recta. enton, seguindo en liña recta, pasaria por diante tua e, sen poñer intermitente, veriasme o cu. sen mais. hoxe podiamo permitir. so habia que seguir recto. pero as pernas non quixeron autoflaxelarse mais. e torcinme. torcinme si. e mireite. e souben que, maña, teria que volver á piscina.

14.8.10

CABRANES

tu lo dijiste. como puede ser que después de casi un mes no aciertes a decir nada? mejor: como puede ser que no aciertes a expresar nada? referente gordinflón. referente en comida de taper. imposible abrirlo sin precalentalo un minuto y medio. referente prohibido, no tocar. referente embotellado, nadie sabe escanciar, hijos de puta... me agoto de intentarlo.

el campo de trabajo escena 2010 nació con el afán de convertir las calles de la pequeña villa de santolaya de cabranes en un gran escenario de hace 5o años. pero le salio mal el tiro. en realidad convirtió 21 dias de 25 chavales en una experiencia de la que no aciertan a decir nada. home non me jodas!



durante tres semanas convivimos con una gente, con una villa, con una cultura. durante tres semanas peleábamos porque cada propuesta de cualquiera de nosotros, terminara en la plaza del emigrante. tengo recuerdos de salsa, gracias fran. tengo recuerdos de mi primera queimada, gracias señora del soplete. tengo recuerdos de un gaiteiro con un reloj de cadena en el chaleco, vemonos david. guardo en el bolso una cartera canjeada por una pulsera y una botella de orizon, al final llegamos a un acuerdo, genial virginia. tambien guardo en la habitacion un cartel que pone: NUNCA DEjES DE SONREIR. aparcio en mi taquilla el dia de la no despedida, porque nadie se había despedido de nadie. llevo en las greñas una trenza y en el cuello un colgante que por lo visto es de cancun. querida tropa, algunas que entienden mas que otras. espero que la proxima vez que nos veamos, me toques algo con la armomica. mi abuela te espera sofia. os mandaremos via interorbital el papelito celta, almu y sus. a vosotras os debemos la segunda mejor droga después del neobofren: el lobo. tengo mono de lobo, gavi. y tamen echo de menos jornadas de profesion audiovisual hasta las 5 de la madrugada, momento en el que entrabas con una empanada para las neuroticas. aqui en galicia, se diria que eres: feitiño y curriño. al igual que las dos hermanas que nos invitaron de vacaciones a su tierra. y tambien aprendi que, si no quieres agasajarme aun siendo mi amigo amigable, por lo menos: indiquelo!!! no sí violeta? edurne, espero que mis tres indicaciones validaran el hecho en lugar del contacto fisico, la cancion fue compleja.

ya dije algo no?

jose antonio y lidia, dos personajes a los que echaré sin duda de menos. la segunda por sus paseos reflexivos y su coche que depende de que un neumatico esté en el lugar idoneo. al segundo por tanta colaboracion, por tan buena colaboracion, por el humor y la disponibilidad, porque fuiste nuestro primer jefe-compañero de curro. y luci, aquel dia, no hizo mas que comenzar a desesperarse, sabes? por cierto, alcalde, mi enhorabuena por su precioso pueblo y por ejercer como lo hace. tambien a vosotros, alejandro y javi. uno mas personaje y otro mas personaje, personaje y medio personaje entero. este tipo de frases nunca significan nada, pero, importa? un gran trabajo, mi reconocimiento a esta labor.

y llega la guinda, el momento culmen, el momento en el que el taper se abre, en el que la sidra emana, en el que os toco... CABRANES, UN MICROCOSMOS DONDE VIVE CARMELA Y SU ODISEA, DONDE SANTOS TE CONFIESA ESCUCHANDOTE CERQUITA DE Las OREJAS, DONDE CONCHA VISTE 6 BLUSAS EN 5 MINUTOS PARA VER CUAL LE DICE MEJOR. CABRANES, DONDE BORJA Y MARIA APARECIERON CON SU MONOPATIN. DONDE NOS COGEMOS DE Las MANOS, DONDE CHILLAMOS PARA QUE La VOZ SUBA SUPERANDO EL MONTE QUE TENEMOS DELANTE.

cabranes noes el 6 de agosto. cabranes es el maldito referente y nosotros, los 25; y nosotros, los 80; y nosotros, todo nosotros juntos, el que lo sabemos como tal. y sólo con decirlo, significa. cabranes significa, pero esta oracion no se puede analizar.

12.7.10

O SACO VERMELLO. UNHA POSILE INICIATIVA PARA UN NOVO PROXECTO

unha idea pode nacer das mais variadas maneiras.
imaxinei enton un saco de boxeo, pendurado do teito. e tres personaxes loitando con el. que ese saco fora para eles os medos, os obxectivos, o pasado e o futuro. quizais tamen o presente. un presente ao que lles custa enfrontarse.

soamente dan puñetazos ao saco. deberia ser vermello. un color con diversas e contradictorias connotacions. si. e deberia estar pendurado do teito. ainda que deste xeito, sexa necesaria unha parilla. en fin.

uns guantes, uns pantalons e camisetas con algunha insignia alusiva a. vestiario e escenografia cunha estetica concreta, marcada. e que nos serve como pauta para fiar, para ordenar, para a vision colectiva. o mais importante sempre.

e logo crear. o que mellor se nos da non? co que disfrutamos horas e horas... un director de orquesta dirixindo melodia vocal. quizais. un caldeiro de auga que arrefrie un momento de demasiada tension. non sei. un pau, unha tela... os mestres chinos. algo pasara. algo deixaremos que pase.

esta poderia ser o unha idea. quizais o sexa.

27.6.10

O NOSO PROXECTO



In-comunicando es una obra de corte experimental que transgrede la
unidad clásica, un ejercicio teatral que intenta provocar la turbación del
espectador a través del acto incomunicativo.

Son diversas historias y diversos personajes que se vinculan por el leiv
motive de la incomunicación. La incomunicación vista desde distintos
prismas: generacional, crítica a la neotelevisión, violencia, familia, a la
utilización de los diferentes códigos y lenguajes (que al fin y al cabo son
los que menos ruido tienen).

Un ejercicio que intenta turbar al espectador mediante una simbiosis de
experiencias en las que están presentes desde el teatro del absurdo
hasta el distanciamiento propugnado por Bertolt Bretcht y el propio
estilo del grupo Mequetrefes que invita a reflexionar al espectador sin
desprestigiar el preciosismo estético.

9.6.10

SUIZA

SUIZA.

en realidade so unha escusa para que cobraras vida.
ou non?
a verdade e que por aquelas ruelas era doado imaxinarte.
en bici. polas ruelas daquela cidade. cos teus pantalos azuis que un dia atopei no armario e que case nin me valian.
aquela cinturiña. si. aquelas peliculas francesas con aquelas cinturiñas. esa blusa ravena. ravena. bonita palabra. ensinachesma ti. coma case todo.
pérdome.
ah si.
ti
en bici
e con pantalon azul e con blusa ravena
polas ruelas.



quizais te dirixias a algun sitio... si.
eu creo que si. que daquela ainda sabias en que direccion camiñabas. daquela ainda tiñas un manillar. elixias o camiño. sempre pensei que elixirias o camiño mais rapido pero aquelas ruelas facianme pensar que quizais che gustaria deterte no paseo e por un momeno non ir a ningures. que as ruelas pasaran a ser, dun lugar de paso, a un lugar no que estar, no que existir. sentindo ese aire e o cheiro das boulangerie.

pero, ten tino! so o cheiro. senon perderias esa cinturiña e os pantalons valerianme a min e e e enton eu poñerias e ti lembrariaste de ti mesma e e e a tristeza asolagariate e seria tan forte que non poderias parar de chorar

lembrando as ruelas.


no fondo creo que loitas contra ese recordo. que non che gusta recoñecer que durante un tempo viviches detras desas ventas. agora querelas tintadas para non ver o que hai dentro. esquecer o sorriso que un dia existiu en ti.

ja!seguro que era tan enorme que ata se poderia ver a traves duns cristais tintados.

seguro que ainda se pode ver. cando regrese a suiza fixareime ben! seguro que ali ainda podo recuperar o teu sorriso!

ese que me costa tanto coñecer.




porque tintaches tanto os cristais destas ventás, mamá?
porque agora xa non quero ver nada.

14.5.10

PEZA PARA DOUS ACTORES


Había tempo que xa aquilo comezara. No momento en se deran conta de que era o único xeito de viviren algo. Cada día representaban unha escea daquela obra teatral. Deixaban que as palabras os encamiñaran. Que as letras se combinaranentre elas para formar enunciados que dixesen. E eles tan só se deixaban. Se abandoaban á liteartura. Entraban naquel espazo escénico axeitado para repirar. Cheo e baleiro, ao mesmo tempo, de condicións dadas. Así, aprenderan a chorar e a rir xuntos. Aprenderan a viaxar collidos da man e a separar os beizos para xuntalos nun. Antonte fundíranse nas augas máis limpas que un poida imaxinar e víranse os coiros a través delas. E non lleS foi suficiente. Pasaban as páxinas e foron quen de entrar un no outro, coma pingas daquela salitre. E mordían na seguinte liña. E desgarraban ao final de parágrafo. Logo, na éxtase da literatura, choraban. Choraban tanto que a páxina comezaba a enrrugarse. E tan só daquela sabían que por aquela trade abondara. Que xa significaran. Que xa dixeran. As unllas paraban de espetarse nas costas. Os derradeiros saloucos perdíanse. Abrazáronse namentres rían. Ador íase por fin. A rabia abandoábaos. As personaxes da obriña desaparecían e, nese intre, sabían que eran eles mesmos.

Era dabondo tarde aquela tarde. Sen embargo ela encamiñouse, coma se a hora a animara a darse conta que quizais tamén era tarde para eles. Coma se soubera que as últimas raiolas caerían hoxe pola tarde. Ía espida. Coma sempre. Coberta tan só polas letras que aloumiñaban aos dous intérpretes daquela farsa. Levaba o libro debaixo do brazo e apreixábao forte. Imaxinaba a escea desa tarde. Que diría? Que farían eles que significase?

28.4.10

OUTRO DESCAFEINADO DE SOBRE




Axiña volveremos ser.

Moi pronto volveremos estar sentados un a carón do outro e intercambiaremos palabras. E esas palabras dirán cousas. Dirán moito. Todo o que agora calamos ou disfrazamos.
Ámbo-los dous agardamos a que chegue ese momento, verdade? Dimo. Ámbo-los dous sabemos que algún día haberá outro descafeinado de sobre. E entón daraste conta de que aínda somos quen de falar. Que aínda somos quen de expresar. Que eu aínda podo estar no que ti es e ti aínda podes coñecer. Aínda podes.

Ese teu burato esquerdo. Atrofiado. Ese mesmo, volverá escoitar de min. Porque é tanto o que estamos a perder, que corremos o risco de esquecérmonos. Endexamais. Escóitasme?

Non. Non me escoitas.


Ao “Cabanas”.

1.4.10

de onde? de ningures


NON VOLVAS
NON MARCHES
CONTIGO A UN NON LUGAR
VOLVER E MARCHAR DE NINGURES

23.3.10

NON PLACES


Los cuadros modernos están llenos de rostros sin perfiles, son los espacios del anonimato. En nuestra
sociedad de la masificación, en la que la mayoría de las personas portan el rostro del anonimato, en calidad de
sujetos estadísticos, el espacio público se comporta no como un espacio social, determinado por estructuras y
jerarquías, sino como un espacio en muchos sentidos protosocial, un espacio previo a lo social al tiempo que su
requisito, premisa escénica de cualquier sociedad. El espacio público es aquél en el que el sujeto que se
objetiva, que se hace cuerpo, que reclama y obtiene el derecho de presencia, se nihiliza, se convierte en una
nada ambulante e inestable. Ese cuerpo lleva consigo todas sus propiedades, tanto las que proclama como las
que oculta, tanto las reales como las que simula, las de su infamia como las de su honra, y con respecto a
todas esas propiedades lo que reclama es la abolición tanto de unas como otras, puesto que el espacio en que
ha irrumpido es anterior y ajeno a todo esquema fijado, a todo lugar, a todo orden establecido.


Adolfo Vásquez Rocca

15.3.10

UNHA ARROUTADA PATRIÓTICA (nunca mellor dito)


Hai un lugar en Antas de Ulla que presume de reunir, os venres pola tarde, á meirande parte da súa xuventude. Cando nosas nais preguntaban por nós, a resposta sempre era a mesma: na Casa da Cultura.

A Casa da Cultura. Un bó nome, sen dúbida.

Era unha casa, quizais a nosa segunda casa. Un fogar que tiña para nós un cheiro recoñecible. Aquel lugar onde, deixandote ás apalpadelas, logras adiviñar cada recuncho. Da cultura. Alí impartíanse clases de teatro, de baile, de percusión, de canto, de gaita, de solfeo, de ximnasia, de pintura, de coro e ata de encaixe de Camariñas. A elite seoanense tiña neste lugar o seu punto de congregación, no cal se debatia o futuro da pequena vila. Eramos o futuro. Cando cumpriamos tres anos nosas nais mandábannos á escola e á Casa da Cultura por igual. E, inevitablemnte, os venres, cando regresamos ao noso pequeno país, continuamos entrando polas súas portas e aínda soñamos con ese futuro no que iamos ser deus.

Un dia descubrimos que no escenario se oia un ruido estraño. Gañamos moito medo. Hoxe sei que hai un niño de paxaros aló enriba.

Fai uns meses, Marité, a patroa de todo aquilo, choraba dicindo que lle arrincaran as butacas vellas. Entrei no meu segundo fogar e observei como 100 novos asentos pretendian sustituir aqueloutros que con tanto pracer nos encargaramos de aniquilar.

Pero Marité non debe chorar. Só agardar a que os novos intelectuais de Antas aniquilen estes tamén e asi marquen o seu propio terreo. Ese que, durante tanto tempo, e ainda agora, nos pertence.

22.2.10

EFECTO CORONA

esta semana un curso de iluminacion teatral da aula de teatro da USC da man do señor que deu luz a "so vostede mais eu" maxistralmente o ano pasado. gracias juan.

el ensínanos a protexer a liña. e moi importante, dixo. e moi importante, repetiu.

El efecto corona se presenta cuando el potencial de un conductor en el aire se eleva hasta valores tales que sobrepasan la rigidez dieléctrica del aire que rodea al conductor. El efecto corona se manifiesta por luminiscencias o penachos azulados que aparecen alrededor del conductor, mas o menos concentrados en las irregularidades de su superficie.

si, xa sei que as miñas irregularidades non irradian nada. que magoa. pero o aire que me rodea esta demasiado saturado, ao mellor e por iso polo que non te decatas de que me sae fume por aqui. si, acercate, fixate ben. a miña liña esta a punto de quedar en coiros. iso deberia asustarme. en realidade asustame. moito. pero non teño un diferencial.

diferencial: dispositivo do tecido electrico que salta cando non se recibe polo neutro o potencial transmitido na fase.

el dixo que no noso ambito o deferencial só salta cando a diferencia de emision e recepcion sobrepasa os 300v. ao carallo. eso e o que digo eu. ao carallo. porque nos ata 300v e unha toma normal salta aos 30v. porque 30v perdidos son unha constante para nos" tes razon. son unha constante. sempre 30v que se perden, que non sabes moi ben onde van. pero a diferencial segue sen saltar. e eu afogo.



MAGNETOTÉRMICO: dispositivo capaz de interrumpir la corriente eléctrica de un circuito cuando ésta sobrepasa ciertos valores máximos

antano existian os chamados plomos que so dispoñian dun fino arame deste material que impedia que o cable se qeuimara. primeiro faciao el. pero modernizouse. que mais da. fai moito que os plomos se fundiron. despois apareceron os fusibles, moito mis finos, por incorporar un cristal, pero igual de rusticos. os novos tempos reclaman os magnetotermicos. cando se eleva moito a temperatura, baixanse. pero eu ainda agardo a que me regalen un chintofano deses. pero aqui non baixa nada. o telon non da nin un respiro. que continue o espectaculo.

30.1.10

ESA MAN

non podia ser doutra maneira. somerxida entre milleiros de folios que non fan senon falar de obturadores, fotomontaxistas, fotoxornaistas e toda a pesca; e co esa inversion de 5oo euros ao meu carón, algun dia tiña que xurdir este tema: A FOTOGRAFÍA.

e non podría ser doutra maneira que cortando e pegando un fragmento dun cometario á razón de Barthes, un teórico desta rama que ten un libro moi recomendable, chamado La chambre claire, o cal recomendo aínda que non tan encarecidamente como castelló.

se vitor lera isto, deixaria un comentario de tres follas, pero creo que non sabe da existencia deste blog. sen embargo, si sabe da existencia desta reflexión sobre unha foto que, como di barthes e antia, me punza.



Que hai nesta fotografía que me asolaga, que me escoce, que me doe, que me punza?
A man, esa man que se agarra irremediablemente a un corpo. E non só esa man. O feito de que ese corpo ó cal se agarra non sinta nada. Non entenda nada. Non diga nada. A mais absoluta indiferencia fronte á fotografía. Esa nena é a única que non morre. É a única que non posa. É a única que non se da conta de que ese momento debería ser unha resurrección posterior. Pero el e a súa man non queren que o operator aprete o botón. Ese espectro no que están transformados agora mesmo é a esencia da miña fotografía. O que a min me escoce ata o infinito. E esa man.


e non atopo o punto no que esa man se foi. pero foise. xa non me agarra. e se me agarrase doería. sentiría un pequeno placer pero enseguida se trocaría no único que se pode sentir cando quixeches demasiado alguén: odio. e iso escoce máis que calquera imaxe.

20.1.10

QUE ESTÁ A PASAR? manifestación a prol do galego



(Mero) As culturas deben ter argumentos suficientes para dar abasto a todo o que as persoas desa comunidade precisen. Mais, se te fixas, nas opinións de moitos políticos, está sempre presente a teima de que hai que traer de fóra, a ver se aprendemos. Cando nós queremos reivindicar o noso idioma, sempre hai un idioma moito máis útil, ¿entendes? Xa negan a propia capacidade. Este é o problema. ¿Como se resolve? Pois mira, coñecendo. E despois de coñecer, amando. Pero claro, se non nos damos a oportunidade sequera de coñecer...

(Mero) Mira, os políticos non é que prefiran que nós non falemos galego, e que preferirían que estiveramos mudos. E se foramos ovellas dicindo todos meeee ó mesmo tempo, moito mellor. Pero o caso non é ese. O único recurso que temos é disentir. A xente pode dicir que non pensa igual. Dicir. Para dicir precisamos un código verbal. O noso código verbal. Iso é o que molesta.

(Mini) Agora resulta que eu son un represor da lingua. E dicir, isto é de tolos! Cando eu sufrín esa represión. Cando centenares de miles de galegos sufriron ese proceso durante centos de anos. E agora resulta que eu son un represor? Por utilizar a lingua do meu País? Por ensinarlle aos rapaces, galegofalantes ou non, que este País ten unha lingua? Estou nun mundo ao revés! Estou nun antroido continuo. E é un Antroido continuo. Se, ademais, a maior parte desta poboación, cando se cabrea ou cando aloumiña a un neno, ten que facelo en galego, non sabe facelo noutra lingua. Entón, de que estamos a falar?


estas foron algunhas das consideracións que, fai xa un ano, mini e mero, fixeron nun bar da terra de melide un día de foliada. un ano despois, xuntámonos na alameda para reclamar o respecto ao decreto do galego. é unha teima, parece, non si?

pero que hai detrás desta teima. porque este rifi rafe que está a xogar con algo tan importante coma a cultura. xa non é cuestión de encornarse. e cuestión de parase e preguntarnos: que esta a pasar?

13.1.10

eu fico assim sem voce



cando percorro aquela rua ainda podo cheirarte. e, ainda que sei que esta non era a melodia, lembro que soaba algo, non era silencio. e serveme para fechar os ollos e volver a aquel lugar que podería palpar e que nin tan sequera sei a que coordenadas responde. minto. si que o sei. si que te sei. pero e se xa non es o que para min fuches? teño a certeza de que xa non es, non poderias ser. e doe só poder lembrar. pero é inevitable. e lembro. e non hai maneira de paralo. non sei se realmente nace na man ou na face. enseguida enche todo o que son. e enton volvote ter e trato de non deixarte escapar. pero non son unha heroína e, cada vez, a miña xesta fica mais lonxe. e eu... eu fico assim sen voce.