14.5.10

PEZA PARA DOUS ACTORES


Había tempo que xa aquilo comezara. No momento en se deran conta de que era o único xeito de viviren algo. Cada día representaban unha escea daquela obra teatral. Deixaban que as palabras os encamiñaran. Que as letras se combinaranentre elas para formar enunciados que dixesen. E eles tan só se deixaban. Se abandoaban á liteartura. Entraban naquel espazo escénico axeitado para repirar. Cheo e baleiro, ao mesmo tempo, de condicións dadas. Así, aprenderan a chorar e a rir xuntos. Aprenderan a viaxar collidos da man e a separar os beizos para xuntalos nun. Antonte fundíranse nas augas máis limpas que un poida imaxinar e víranse os coiros a través delas. E non lleS foi suficiente. Pasaban as páxinas e foron quen de entrar un no outro, coma pingas daquela salitre. E mordían na seguinte liña. E desgarraban ao final de parágrafo. Logo, na éxtase da literatura, choraban. Choraban tanto que a páxina comezaba a enrrugarse. E tan só daquela sabían que por aquela trade abondara. Que xa significaran. Que xa dixeran. As unllas paraban de espetarse nas costas. Os derradeiros saloucos perdíanse. Abrazáronse namentres rían. Ador íase por fin. A rabia abandoábaos. As personaxes da obriña desaparecían e, nese intre, sabían que eran eles mesmos.

Era dabondo tarde aquela tarde. Sen embargo ela encamiñouse, coma se a hora a animara a darse conta que quizais tamén era tarde para eles. Coma se soubera que as últimas raiolas caerían hoxe pola tarde. Ía espida. Coma sempre. Coberta tan só polas letras que aloumiñaban aos dous intérpretes daquela farsa. Levaba o libro debaixo do brazo e apreixábao forte. Imaxinaba a escea desa tarde. Que diría? Que farían eles que significase?

1 comentario:

  1. Que fixeron eles que significase onte? Vestida de verde entre o público cos ollos ben abertos miraba alguén...

    Que historia che contaron onte?

    ResponderEliminar

tocameostestos