12.7.10

O SACO VERMELLO. UNHA POSILE INICIATIVA PARA UN NOVO PROXECTO

unha idea pode nacer das mais variadas maneiras.
imaxinei enton un saco de boxeo, pendurado do teito. e tres personaxes loitando con el. que ese saco fora para eles os medos, os obxectivos, o pasado e o futuro. quizais tamen o presente. un presente ao que lles custa enfrontarse.

soamente dan puñetazos ao saco. deberia ser vermello. un color con diversas e contradictorias connotacions. si. e deberia estar pendurado do teito. ainda que deste xeito, sexa necesaria unha parilla. en fin.

uns guantes, uns pantalons e camisetas con algunha insignia alusiva a. vestiario e escenografia cunha estetica concreta, marcada. e que nos serve como pauta para fiar, para ordenar, para a vision colectiva. o mais importante sempre.

e logo crear. o que mellor se nos da non? co que disfrutamos horas e horas... un director de orquesta dirixindo melodia vocal. quizais. un caldeiro de auga que arrefrie un momento de demasiada tension. non sei. un pau, unha tela... os mestres chinos. algo pasara. algo deixaremos que pase.

esta poderia ser o unha idea. quizais o sexa.

2 comentarios:

  1. seguiremos traballando niso. O veran permite centrifugar. E é pracenteiro

    ResponderEliminar
  2. crear, ese es nuestro campo

    os quiero pequeños mequetrefes

    ResponderEliminar

tocameostestos