15.11.09

O SEÑOR MIUDO QUE QUERIA VER A DE COPPOLA



e miroume daquel xeito
pregunteime se metade dos que estabamos alí conseguiriamos encher un pequeno frasco que sequera fora a metade do gran saco de ilusion que el carrexaba.
cheguei co meu bono. ía ver aquela pelicula á que eu mesma me obrigara a asistir. 10 entradas. dez filmes. dez sensacions ao cabo. pero ninguna ao principio. estaba a agardar ali.
e miroume daquel xeito
pequeno. miudo. esquivo. ía saltar. non pesaba. tiña materia? non. so tiña aquela mirada... podeme dar unha moediña? é para ver a de coppola/////5segundos de descanso, por favor. non respondo, non me movo e quizas non respire pero sei que despois deses 5segundos, ainda sen dicir nada terei a escasa dignidade de me retirar.
e miroume daquel xeito
e eu sentinme aldraxada, atacada e violenta por aquel ollar. non o aturaba mais. era demasiado directo e eagardaba que a miña reaccion tamen o fora. pero tardei 5segundos.5segundos e caeu no seu pequeno vasiño un obxecto con mais materia cá do seu dono.
e miroume daquel xeito
din que esta moi ben, eu vin a anterior e gustoume moito, a ver se hai sorte e consigo reunir o suficiente para entrar... agora xa esta, fai o que che veña en gana, poruqe me segues a mirar desa puta maneira! non tes o que querias, deixa de agredirme xa, por favor...
e miroume daquel xeito
minutos despois saia da man dunha. unha que remataba de lle comprar unha entrada para ver a de coppola. si, aquela que eu tiña marcada dende facia xa unha semana, aquela xunto coas outras nove. 10 sensacions. pero so despois. demasiado precoz para min. demasiado precoz

e aquel xeito de ollar...

2 comentarios:

  1. le valia la pena no haber ido a ver youth withouth youth pero seguramente le hizo mucha ilusion poder opinar si le gustaba o no y comentar detalles con la persona de la butaca colindante

    lu

    ResponderEliminar
  2. Miña meniña, es unha astista!
    Que bo relato! Moito sentimento, moitas imaxes, moito de ti...
    Viñéronme as bágoas cando estabas a ensaiar o teu monólogo...e agora atópome con isto: unha artista!

    Biquiños
    Ata luns

    ResponderEliminar

tocameostestos