7.11.09

cun só ollo

ás veces, cando choro, cáenme bágoas dun ollo somentes. será que o outro depósito secou demasiado axiña; ou que estoutro se recarga cada día con mililitros do que me das. cheguei á conclusión de que ao mellor o problema está nas pálpebras. teño unha automática e outra teledirixida. esta, asolagada agora por un mar de salitre, abre as súas comportas sen horario fixo; por iso moitos clientes optan por mercar un aparello regulador, para que, coma estoutra, os beizos non se colesterolaricen con demasiada frecuencia. cando neva, por un ollo conxelome e por outro estou ó quentiño. mais cando fai sol, o meu ollo esquerdo brila e o dereito está frio, triste e gris. hoxe, como teño unha CABEZA ESPECIAL BH, non sei definir as miñas bágoas. só sei que saíron no momento en que me miraches. eu tamén te vin cun só ollo.

a meu padriño, hai un mes.

3 comentarios:

  1. mmm...
    hai dias en que te sigo vexo como percorres as ruas e os lugares onde se deten a tua mente
    pero hai veces que empregas un codigo tan raro que non logro pillar a esencia dos teus comentarios. Dito isto, eu vou pedir unhas palpebras teledirixidas aos reis magos

    ResponderEliminar
  2. O outro día, crucei a rúa, ollei ó meu redor e botei a chorar polo simple feito de estar só, só na noite pecha. Descubrín que era o meu ollo dereito o único que choraba, saían grandes bágoas salgadas dispostas a enchoupar a miña face. Fixeime no esquerdo e non choraba, pero estaba peor, máis aflixido pero calado e seco, tiña envexa do dereito.

    ResponderEliminar
  3. Hola Patricia, bueno pois nada que he escribo este comentario para ver aver se xa sei como vai eso de deixar o comenterio.
    Bueno non só cho publico por eso, tamén porque me encantou o comentario, sobre as lágrimas e eso todo.

    Bueno despidome.

    ...VaNeSa...CoUcHeIrO...gOnZáLeZ...

    ResponderEliminar

tocameostestos