15.3.10

UNHA ARROUTADA PATRIÓTICA (nunca mellor dito)


Hai un lugar en Antas de Ulla que presume de reunir, os venres pola tarde, á meirande parte da súa xuventude. Cando nosas nais preguntaban por nós, a resposta sempre era a mesma: na Casa da Cultura.

A Casa da Cultura. Un bó nome, sen dúbida.

Era unha casa, quizais a nosa segunda casa. Un fogar que tiña para nós un cheiro recoñecible. Aquel lugar onde, deixandote ás apalpadelas, logras adiviñar cada recuncho. Da cultura. Alí impartíanse clases de teatro, de baile, de percusión, de canto, de gaita, de solfeo, de ximnasia, de pintura, de coro e ata de encaixe de Camariñas. A elite seoanense tiña neste lugar o seu punto de congregación, no cal se debatia o futuro da pequena vila. Eramos o futuro. Cando cumpriamos tres anos nosas nais mandábannos á escola e á Casa da Cultura por igual. E, inevitablemnte, os venres, cando regresamos ao noso pequeno país, continuamos entrando polas súas portas e aínda soñamos con ese futuro no que iamos ser deus.

Un dia descubrimos que no escenario se oia un ruido estraño. Gañamos moito medo. Hoxe sei que hai un niño de paxaros aló enriba.

Fai uns meses, Marité, a patroa de todo aquilo, choraba dicindo que lle arrincaran as butacas vellas. Entrei no meu segundo fogar e observei como 100 novos asentos pretendian sustituir aqueloutros que con tanto pracer nos encargaramos de aniquilar.

Pero Marité non debe chorar. Só agardar a que os novos intelectuais de Antas aniquilen estes tamén e asi marquen o seu propio terreo. Ese que, durante tanto tempo, e ainda agora, nos pertence.

3 comentarios:

  1. yo diria arroutada Patrota

    bonito texto
    lu

    ResponderEliminar
  2. É unha casa. A nosa segunda casa.
    Seguimos a ser "inquilinos" nun piso de aluguer.Como bos estudantes, unha vez que o curso remata, dámoslle un pequeno respiro á madeira do xa vello escenario, para voltar á nosa realidade. Sen embargo, despois do verán, ábrense de novo as portas, e todo segue coma sempre. Pequenas modificacións, algunha que outra incorporación e, por desgraza, algunha baixa tamén. Sen embrago a carreira continúa, con baixos e altos, coma a vida mesma.

    ...

    Este finde levaremos o noso pequeno "espectáculo" fora da casa. Qué xenial!

    ResponderEliminar
  3. ufffff.moito,moito .que bonito.
    unha aperta, queridas nenas.
    marité.

    ResponderEliminar

tocameostestos