1.9.10

33L A R G O S

pechei a porta sen facer ruido, non por ela, por min. estaba cansa de tanto ruido. tiña duas opcions e escollin facer 33 largos na piscina. sempre eran 33 porque era enton cando sentia que xa cavilara o suficiente como para quitar as gafas de buceo que me apreixaban as ideas que constantemente saian a superficie e se volvian somerxer. hoxe as brazadas foran tan rectas, case sempre me torcia. hoxe non. case sempre me torcia pero hoxe...

sorrin.

cando marchaba dali collin a bici porque as pernas ainda non cavilaran. autoflaxelarse? non sei? quizais... en absoluto, non. collin a bici para autoflaxelarme as pernas. pero puxen unha melodia que me dera pracer na parte que xa cavilara. que cavilen as pernas. eu na miña bici. e as pernas estremeceron de pracer ao ver que estabas ali. non tiñan que facer nada mais que seguir en liña recta. enton, seguindo en liña recta, pasaria por diante tua e, sen poñer intermitente, veriasme o cu. sen mais. hoxe podiamo permitir. so habia que seguir recto. pero as pernas non quixeron autoflaxelarse mais. e torcinme. torcinme si. e mireite. e souben que, maña, teria que volver á piscina.

1 comentario:

  1. E sempre serás tan colérica coma flemática! canta tensión aguantan esas pernas! que duro é soportar o parcer de autoflaxelarse! felices 33 novos largos! forza nas pernas, e no cú polo que leo.

    Estevo

    ResponderEliminar

tocameostestos