20.1.10

QUE ESTÁ A PASAR? manifestación a prol do galego



(Mero) As culturas deben ter argumentos suficientes para dar abasto a todo o que as persoas desa comunidade precisen. Mais, se te fixas, nas opinións de moitos políticos, está sempre presente a teima de que hai que traer de fóra, a ver se aprendemos. Cando nós queremos reivindicar o noso idioma, sempre hai un idioma moito máis útil, ¿entendes? Xa negan a propia capacidade. Este é o problema. ¿Como se resolve? Pois mira, coñecendo. E despois de coñecer, amando. Pero claro, se non nos damos a oportunidade sequera de coñecer...

(Mero) Mira, os políticos non é que prefiran que nós non falemos galego, e que preferirían que estiveramos mudos. E se foramos ovellas dicindo todos meeee ó mesmo tempo, moito mellor. Pero o caso non é ese. O único recurso que temos é disentir. A xente pode dicir que non pensa igual. Dicir. Para dicir precisamos un código verbal. O noso código verbal. Iso é o que molesta.

(Mini) Agora resulta que eu son un represor da lingua. E dicir, isto é de tolos! Cando eu sufrín esa represión. Cando centenares de miles de galegos sufriron ese proceso durante centos de anos. E agora resulta que eu son un represor? Por utilizar a lingua do meu País? Por ensinarlle aos rapaces, galegofalantes ou non, que este País ten unha lingua? Estou nun mundo ao revés! Estou nun antroido continuo. E é un Antroido continuo. Se, ademais, a maior parte desta poboación, cando se cabrea ou cando aloumiña a un neno, ten que facelo en galego, non sabe facelo noutra lingua. Entón, de que estamos a falar?


estas foron algunhas das consideracións que, fai xa un ano, mini e mero, fixeron nun bar da terra de melide un día de foliada. un ano despois, xuntámonos na alameda para reclamar o respecto ao decreto do galego. é unha teima, parece, non si?

pero que hai detrás desta teima. porque este rifi rafe que está a xogar con algo tan importante coma a cultura. xa non é cuestión de encornarse. e cuestión de parase e preguntarnos: que esta a pasar?

2 comentarios:

  1. Claro, preferirían que estiveramos mudos, todos os políticos o preferirían e o levan demostrando ao largo de toda a historia.

    Pasa unha cousa, a lingua é algo propio que atinxe ao particular, a liberdade, ao cultural,podesme dicir que merda fai a política nisto? ensuxar, facer disensións, construír controversrias, separar, paradoxalmente conseguir a incomunicación mediante o vehículo da comunicación, despistar, gañar votos, beneficiarse, xogar con algo que nos punza a todos porque é noso. E, en tanto é noso, en tanto é a ferramenta que nos serve para dicirlle ao do lado que o queres, contarlle unha viaxe, susurrarlle, insultalo etc, naide pode lexislar. ¿Por qué alguen ten que obrigarme a falar esta livbngua ou escribir noutra? non tería sentido, desbotarias o propósito da mesma. Por iso, os carteis que din eu amo galego yo amo castellano i love english, ¿que son? a materialización, a comercialización de algo tan bonito,tan prezado e tan útil como as linguas. Xogar con elas e coa xente é o que queren os que están no cumio, darnos pedras para que as tiremos uns contra outros. Manipular datos estatísticos para infundir desconfianza no outro e medo (se este tanto porcén foi á folga, se esoutro amosa a súa preponderancia por isa lingua van censurarme se non é esa a que eu falo, van asoballarme, van a acabar con ela, vana exiliar)que xera recelos.

    Os xestos de cada un son particulares pero todos temos que coñecer o rexistro xestual para entendelos, inda que eu ria dunha forma e ti doutra. Mentres nos entendamos, ¿que máis ten? se ti ris dunha forma e eu doutra, será enriquecedor, ao fin e ao cabo será un soriso que nos fai comunicarnos. Rimos cando nos da a gana e como nos da a gana, que veña un político e me diga que, ao rir, non podo emitir un ruído como se afogara!

    Protexidos os idiomas como ¡cultura! non como política que cada uno teña a liberdade de hablar no que lle de gana.
    Porque eu teño dúas culturas que conflúen nun punto e sintoas propias e sintome ca liberdade de facelas convivir. E gústame e o único no que se diferencia a túa irmá Vanessa dun neno de 10 anos chamado José que vai na súa clase-poñamos por caso- e fala castelán, e que a Vanessa falanlle na súa casa en galego (non é por que llo ensinaran na clase) e a José falanlle castelán perso os dous teñen a gran sorte de ter as ferramentas para moverse en ambalas dúas e a liberdade para empregalas cando lle pete, incluso mesturando "castrapensemente" cando o necesitan para expresar exactamente a connotación que queren. Ademáis, Vanessa e José comunicanse perfectamente e teñen unha cultura moi ampla.

    Dito o cal, non queremos a situación que tiña o galego-como di mero- cen anos atrás e polo tanto non queremos represores nin reprimidos e para iso a política ten que non meter as súas suxas mans no asunto e empezar a ser política con maiúsculas non catro listos que queren gañar os cartos a base de facernos rebaños.

    lu

    Un saúdo Jacques Henri Lagartigue XD

    ResponderEliminar
  2. El problema es el concepto que se tiene del gallego, y las consecuencias que de ese concepto se derivan. Y, desde esa perspectiva, la Xunta ha roto un acuerdo que funcionaba a las mil maravillas, para reclamar un consenso social que, lejos de hacerse sobre los anteriores supuestos -«el gallego es la lengua propia de Galicia»-, propone unas bases que yo, al menos, no acepto: «Cada cual habla y estudia en lo que le da la gana, el gallego ya va servido si le damos las mismas horas y oportunidades que al castellano, y el único dogma lingüístico que existe en Finisterre es el inglés».

    Barreiro Rivas, La voz de Galicia, 21 xaneiro

    ResponderEliminar

tocameostestos