30.1.10

ESA MAN

non podia ser doutra maneira. somerxida entre milleiros de folios que non fan senon falar de obturadores, fotomontaxistas, fotoxornaistas e toda a pesca; e co esa inversion de 5oo euros ao meu carón, algun dia tiña que xurdir este tema: A FOTOGRAFÍA.

e non podría ser doutra maneira que cortando e pegando un fragmento dun cometario á razón de Barthes, un teórico desta rama que ten un libro moi recomendable, chamado La chambre claire, o cal recomendo aínda que non tan encarecidamente como castelló.

se vitor lera isto, deixaria un comentario de tres follas, pero creo que non sabe da existencia deste blog. sen embargo, si sabe da existencia desta reflexión sobre unha foto que, como di barthes e antia, me punza.



Que hai nesta fotografía que me asolaga, que me escoce, que me doe, que me punza?
A man, esa man que se agarra irremediablemente a un corpo. E non só esa man. O feito de que ese corpo ó cal se agarra non sinta nada. Non entenda nada. Non diga nada. A mais absoluta indiferencia fronte á fotografía. Esa nena é a única que non morre. É a única que non posa. É a única que non se da conta de que ese momento debería ser unha resurrección posterior. Pero el e a súa man non queren que o operator aprete o botón. Ese espectro no que están transformados agora mesmo é a esencia da miña fotografía. O que a min me escoce ata o infinito. E esa man.


e non atopo o punto no que esa man se foi. pero foise. xa non me agarra. e se me agarrase doería. sentiría un pequeno placer pero enseguida se trocaría no único que se pode sentir cando quixeches demasiado alguén: odio. e iso escoce máis que calquera imaxe.

1 comentario:

  1. non deixes cunha man che arrebate os teus soños.
    non deixes que o odio se apodere da tua capacidade...
    non deixes de recordar o vivido.

    ResponderEliminar

tocameostestos