13.1.10

eu fico assim sem voce



cando percorro aquela rua ainda podo cheirarte. e, ainda que sei que esta non era a melodia, lembro que soaba algo, non era silencio. e serveme para fechar os ollos e volver a aquel lugar que podería palpar e que nin tan sequera sei a que coordenadas responde. minto. si que o sei. si que te sei. pero e se xa non es o que para min fuches? teño a certeza de que xa non es, non poderias ser. e doe só poder lembrar. pero é inevitable. e lembro. e non hai maneira de paralo. non sei se realmente nace na man ou na face. enseguida enche todo o que son. e enton volvote ter e trato de non deixarte escapar. pero non son unha heroína e, cada vez, a miña xesta fica mais lonxe. e eu... eu fico assim sen voce.

2 comentarios:

  1. desde aquela, volviches aparecer unhas cantas veces. pero era coma se non estiveras. efectivamente, xa non eras nada. sen embargo, onte tiven a forza para lembrar e conseguin volverte sentir. agora sei que non vaga a pena volverte ver nunca mais. xa permaneces. eres unha escena mais no carrete. benvido.

    ResponderEliminar

tocameostestos